Promovendo espazos culturais e creando experiencias inesquecibles
Paixón polo teatro
En Angarela, cremos no teatro como unha ferramenta poderosa para transformar a sociedade. A través de proxectos de intervención social e educativa, empregamos o xogo dramático para abordar cuestións clave como a igualdade, a empatía, a convivencia pacífica e outros desafíos sociais.
Os nosos proxectos invitan á reflexión e á acción, implicando á comunidade educativa e social na procura de solucións. A través de propostas innovadoras como Rompendo o guión, Obxecto intermediario e Actuando en convivencia, creamos espazos de aprendizaxe e sensibilización onde o público deixa de ser un mero espectador e se converte en protagonista do cambio.
O mellor lugar para os teus espectáculos
O noso obxectivo é promover unha convivencia máis igualitaria e respectuosa, ofrecendo experiencias que inspiren transformacións reais na vida cotiá. Se queres saber máis sobre nós, participar nos nosos proxectos ou colaborar de calquera xeito, non dubides en contactar connosco.