En Angarela cremos no teatro como unha poderosa ferramenta para xerar un cambio real na sociedade. A través da xestión de proxectos de artes escénicas con enfoque social e educativo, transformamos cada espazo nun lugar de reflexión, participación e transformación. Deseñamos propostas que combinan a arte dramática coa intervención comunitaria, abordando temas como a igualdade, a empatía e a convivencia pacífica.
A desigualdade está presente en cada recuncho da sociedade. “Igualdade en xogo: Teatro do cambio” non é un simple obradoiro: é unha experiencia teatral transformadora onde o alumnado deixa de ser espectador para converterse en protagonista do cambio.
Este proxecto utiliza os monicreques como ferramentas para fomentar a expresión emocional, a comunicación e o desenvolvemento persoal en distintos colectivos. A metodoloxía baséase no uso do teatro de obxectos para traballar con persoas en situacións de vulnerabilidade, nenas, nenos, adolescentes e colectivos con necesidades especiais.
O obxectivo do proxecto “Actuando en con-vivencia” é mellorar a convivencia e fomentar a empatía entre o alumnado dos institutos de secundaria a través do teatro, no que as rapazas e rapaces poidan explorar diversas realidades dende puntos de vista diferentes.
Construímos xuntos escenarios para o cambio
Menú
Legales
Contáctanos